lunes, 26 de febrero de 2018
miércoles, 21 de febrero de 2018
Análise dun anuncio
Ubicación: Situado no medio da revista, ocupando toda a páxina do lado dereito
Target: Xente adulta que teña diñeiro
Que vende: Vende un reloxo de pulsera con unha correa larga con forma de serpe
Como o vende: Sitúase unha gran foto dunha muller xoven e atractiva, posiblemente unha modelo, vestida e maquillada de forma moi elegante e deixando ver ao completo o reloxo que ten no seu brazo. Esto transmítenos aos destinatarios do producto unha imaxe de que este é un reloxo caro e elegante, un producto do que presumir. Ademáis esta elegancia acentúase tamén coas tipografías que se emprgaron para poñer debaixo da foto a marca do producto, Bvlgari, e a línea á que pertence ese reloxo, Serpenti, e tamén coa gama de cores que se utilizan no anuncio, uns tonos ocres, dourados e negros que combinan perfectamente.
Respecto á composición, utilízanse unha foto en grande da modelo, unha imaxe situada xusto no lado esquerdo, máis pequena, do reloxo e debaixo vai o texto. O percorrido que segue a nosa mirada vai dende a cara da modelo, pasando polo seu brazo, onde ten o reloxo e está unha foto del, ata a parte inferior onde está a marca. Poderímos decir que hai unha línea que percorre dende a parte superior dereita ata a parte inferior esquerda, onde termina coa línea do producto e a dirección da páxina web.
Este é así un anuncio que pretende atraer a posibles clientes mediante o sexo, xa que nos presenta a esta muller xoven e guapa dunha maneira tan elegante e atrainte que chama a atención tanto de homes como de mulleres.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

