miércoles, 2 de mayo de 2018

Proxecto final de deseño

Neste proxecto personal participamos Alba, María e eu e creamos un Mercadillo Solidario. A idea surxeulle a Alba e comunicouma a min, ás dúas nos parecía moi interesante poder crear unha cousa así polo que comezamos a pensar ideas para levar a cabo. Ao principio pensamos que sería unha boa idea plantexar unha temática feminista para os productos e o mercadillo en sí. Quedamos para pensar como íbamos facer todo e como dividir o traballo e decidimos que eu me ocuparía do deseño das camisetas que fóramos a vender, Alba encargaríase da publicidade e María do deseño dos tenderetes e do packaging, aunque ao final tamén nos estuvemos axudando mutuamente en todo o proceso.
O que primeiro empezamos a facer foi os bocetos das camisetas, xa que era o que máis ilusión nos facía (aunque eu son a que se encargou do diseño en sí das camisetas definitivas, os primeiros días estuvemos dando ideas entre as tres para saber ben o que nos gustaría) Ao principio tíñamos 5 deseños pensados, de temática feminista-solidaria, pero posteriormente fomos cambiando todo e quedámonos con 3 deseños (estes aínda os cambiaríamos outra vez despois debido a problemas co presuposto e ca serigrafía)
Ao ter máis ou menos claro como queríamos facer todo pensamos o sitio no que poderíamos facer isto e ocurréusenos no local de Leña Verde (ao principio pensamos que sería boa idea na calle pero despois pasóusenos pola cabeza a posibilidade de que fixera mal tempo ou que pudéramos ter outros imprevistos, así que pensamos que sería moito mellor facelo nun local pechado). Despois de todo isto e de informarnos un pouco de como podíamos conseguir o local para os días que queríamos fomos á casa da cultura de Boiro, onde nos dixeron que tíñamos que descargar un impreso, rellenalo e levalo ao concello.
Levámolo alí e dixéronnos que esperáramos uns días para saber si nos daban ao final o sitio ou non. Pasados dous días xa se puxeron en contacto con nós, falounos Marga, e díxenos que lle comunicásemos o que tíñamos pensado facer para saber os horarios e ver si necesitábamos algo. Dixémoslle que tíñamos pensado montar alí todo e ademáis facer algunha charla e concertos, para poder atraer a xente, e si nos podía axudar co tema do sonido, para poder ter alí micros e altavoces, ao que nos dixo que si, que ese día nos mandaría a un home a colocarnos o son.

Posteriormente seguimos pensando a quen donarlle os cartos. Ao principio como tíñamos todo encadrado a unha temática feminista pensamos que sería boa idea donarllo a unha causa para as mulleres, como a loita contra o cancro, pero despois de estar bastante tempo pensando e falando decidimos que o mercadillo fose máis dirixido a algo solidario en xeral, facendo así a temática máis libre, e pensamos que sería boa idea donar os cartos á Cruz Vermella local, así que fomos ao Centro Social e falamos alí coa encargada, para ver como faríamos despois para donar os cartos e comunicarllo, e ao contarlle a nosa idea pareceulle xenial (de feito hasta nos invitou a unha charla á que acudimos Alba e máis eu un sábado pola mañá, donde falaban de todo o que levaban a cabo cada ano na cruz vermella)

Despois desto seguimos bastante liadas, encargándonos dos horarios das actividades, xa que necesitábamos que toda a xente que participara nos dixera a que hora podían para facelo cadrar, e co tema de recoller cartos para poder facer as camisetas, a publicidade e comprar todo o que fose necesario para ese día.
Fomos falando con todos e cadrando as horas e quedamos bastantes días para ir recaudar cartos a través de patrocinios de tendas e bares (o noso plan era que si nos aportaban 20 euros os poñíamos en toda a publicidade que fixéramos e sinon intentábamos que nos donasen productos que non quixeran ou nos desen algunha pequena axuda). Despois de recorrer practicamente todas as tendas ás que pudemos ir conseguimos sobre 400 euros. Esto permiteunos poder comprar as camisetas e serigrafialas. Collemos 60 camisetas en total, 20 de cada deseño e 5 de cada talla) e fomos levalas a Serarte, cos que xa faláramos para ver si se podían encargar da serigrafía (estuvemos comparando prezos de distintas tendas de serigrafía en Boiro e decidimos facelo aquí porque era a que máis cerca nos quedaba e o resto de tendas eran un pouco máis caras ou polo mismo prezo pero estaban máis lonxe). Alí tuvemos algúns problemas xa que algúns deseños que tíñamos pensado non podíamos facelos xa, según nos dixeron, eran deseños máis para moda que se facían con outro tipo de máquinas. Despois desto estuven modificando os deseños para que se axustasen e pudesen facerse en serigrafía e ao final de todo decidimos facer dous dos deseños que tíñamos pensados en Serarte e as 20 camiseta que nos sobraban facelas á man. Fixen entón dous tipos de plantillas e pensei en separar as 20 camietas en dous grupos e unhas desteñilas con legía e poñerlles unha plantilla e as outras simplemente poñerlles unha plantilla. En dous días fixémolas todas. As dúas primeiras son as camisetas que fixemos en Serarte e as outras as que fixemos á man:





Tamén fixemos Alba e eu unha sesión de fotos coas camisetas antes do mercadillo para subir ás redes sociais, ademáis fixen un evento en facebook (Mercadillo Solidario) e fomos anunciando todo polas redes unha vez que tivemos o cartel feito.






Os días antes Alba e eu estuvemos facendo o inventario de todos os productos que recaudamos grazas a xente que nos aportou cousas que non querían, poñéndolle precios e fomos acabar de recoller outros productos que algunhas tendas nos donaron os últimos días. 
Finalmente chegou o día do mercadillo e pola mañá estivemos levando todas as cousas para o Centro Social e colocando todo no seu sitio, decorando e montando todo o do sonido.
Os dous días do mercadillo todo saleu ben, tanto as charlas como os concertos, e non houbo ningún imprevisto. Ademáis o sábado acudeu moita xente e vendéronse moitas cousas. As camisetas que fixemos, de feito, foron o que máis se vendeu e conseguimos acabar case todas, só quedaron sen vender tres das sesenta que tíñamos.







Ao acabar recollemos todo o que sobrou o limpamos todo e despois duns días fomos á Cruz Vermella a entregar os cartos que recaudamos, un total de 744,48 euros.


miércoles, 21 de febrero de 2018

Análise dun anuncio

Ubicación: Situado no medio da revista, ocupando toda a páxina do lado dereito


Target: Xente adulta que teña diñeiro

Que vende: Vende un reloxo de pulsera con unha correa larga con forma de serpe

Como o vende: Sitúase unha gran foto dunha muller xoven e atractiva, posiblemente unha modelo, vestida e maquillada de forma moi elegante e deixando ver ao completo o reloxo que ten no seu brazo. Esto transmítenos aos destinatarios do producto unha imaxe de que este é un reloxo caro e elegante, un producto do que presumir. Ademáis esta elegancia acentúase tamén coas tipografías que se emprgaron para poñer debaixo da foto a marca do producto, Bvlgari, e a línea á que pertence ese reloxo, Serpenti, e tamén coa gama de cores que se utilizan no anuncio, uns tonos ocres, dourados e negros que combinan perfectamente.





Respecto á composición, utilízanse unha foto en grande da modelo, unha imaxe situada xusto no lado esquerdo, máis pequena, do reloxo e debaixo vai o texto. O percorrido que segue a nosa mirada vai dende a cara da modelo, pasando polo seu brazo, onde ten o reloxo e está unha foto del, ata a parte inferior onde está a marca. Poderímos decir que hai unha línea que percorre dende a parte superior dereita ata a parte inferior esquerda, onde termina coa línea do producto e a dirección da páxina web.

Este é así un anuncio que pretende atraer a posibles clientes mediante o sexo, xa que nos presenta a esta muller xoven e guapa dunha maneira tan elegante e atrainte que chama a atención tanto de homes como de mulleres.